1984. UNHA XENEALOXÍA FEMINISTA DA ARTE URBANA GALEGA

DATOS BÁSICOS

1984. Unha xeanoloxía feminista da arte urbana galega, é un ensaio expositivo sobre arte urbana, inédito no noso País. Curado por Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, o proxecto é froito dunha inxente labor de  investigación en clave de xénero sobre o graffiti e o muralismo contemporáno.

A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatindo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984.

Desde entón, a evolución de estilos, formatos e disciplinas non deixou de medrar, e moitas destas artistas conseguiron converter en profesión a súa experimentación dentro dun movemento marxinal no sistema da arte -ilegal en moitas ocasións– onde as posibilidades se mesturan coas trabas e coas dificultades que supón ser muller creadora no espazo público.

Entradas: 
  • O día da inaguración a sala abre ás 20.00 h

______

  • HORARIO Sala Isaac Díaz Pardo
  • Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h (os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)
  • Entrada de balde

PROTOCOLO DE ACCESO SEGÚN MEDIDAS SANITARIAS VIXENTES

Funcións: 
Mércores, 28 Xuño, 2023
20:00
Auditorio de Galicia