Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela é unha das máis antigas de Galicia, xa que nace en 1848 como agrupación de afeccionados ata que en 1876, en mans do Concello, comeza a profesionalizarse. As súas actividades máis importantes eran os concertos, denominados paseos, na Alameda ou na Rúa do Vilar, as festas da cidade, as procesións de Semana Santa e os seus concertos, no Teatro Principal na temporada de inverno e na rúa do Vilar na de verán. Estes actividades seguen a celebrarse na actualidade, e inclúen ademais concertos didácticos, intercambios culturais e actos protocolarios do Concello.

I Concurso de Composición da BMSC (presentación ata o 9 de outubro do 2022)

Bases en galego, en español e en inglés

II Concurso de Dirección da BMSC 'Xoán Montes' (presentación ata o 31 de outubro do 2023)