Programa Didáctico

A concellaría de Capital Cultural programa cada temporada unhas actividades didácticas dirixidas a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas, que se atopan nas fichas de cada un dos eventos que podedes ver a continuación, para traballar na aula con anterioridade á asistencia ao evento.

Nas fichas de cada un dos eventos, aparece a GUÍA DIDÁCTICA para descargar, así como máis información dos mesmos.

 

ANTES DE CUBRIR A SOLICITUDE DEBE TER EN CONTA QUE

  • Cada centro poderá reservar un máximo de 60 prazas por actuación (incluídos profesores e outros acompañantes) indicando orde de preferencia no formulario.
  • Deberán respectar as recomendacións das idades asignadas a cada concerto, así como axustar o número de asistentes ao máximo posible para evitar posteriores anulacións.
  • Só se admitirá un único formulario por centro de ensino para evitar problemas nas adxudicacións.
  • Recomendamos imprimir o formulario antes de enviar, isto permitiralle recordar o número de alumnos/as que vostede solicitou en cada actividade. Unha vez enviado, o sistema non lles permitirá imprimir.

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA EN LIÑA

Deberá de cubrir o formulario pinchando no seguinte enlace: FORMULARIO ACTIVIDADES DIDÁCTICAS 2025-26 respectando as datas de envío de solicitudes.

 

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES

• Centros de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 23 de setembro 2025 a partir das 8:30 h.

• Centros de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 24 de setembro 2025 a partir das 8:30 h

As solicitudes enviadas antes destas datas non serán admitidas. Agradécese que non envíen máis dunha solicitude por centro.

 

ADXUDICACIÓN E PUBLICACIÓN

  • A adxudicación realizarase seguindo a orde de recepción dos formularios ata completar todas as prazas de cada evento.
  • Co obxecto de que participen nas nosas actividades o maior número de centros de ensino, distribuiremos as solicitudes de xeito equitativo intentando dar resposta á demanda dos mesmos.
  • Aos poucos días de enviar a solicitude, nesta páxina web, sairá publicado o listado co nome dos centros admitidos. Aqueles centros que non figuren nesta relación pasaran a unha lista de agarda.

 

AVISO IMPORTANTE

Unha vez que saian as listas de admitidos deberán de informar si acoden con nenos/as en cadeira de rodas xa que o número de espazos é limitado

 

QUEDAN PRAZAS SEN CUBRIR NAS SEGUINTES ACTIVIDADES

Aqueles centros de ensino, que estean interesados nestas prazas deberán de mandar a súa petición a info@auditoriodegalicia.org en ningún caso, mandar outro formulario. A confirmación destas prazas será por correo electrónico.

 

  • 24 febreiro 10:30 h A DERRADEIRA LEICIÓN (12 prazas)
  • 23 marzo 12:00 h OS CONTOS DO LOBICÁN (6 prazas)