Aviso legal

Os dereitos de propiedade intelectual do portal www.compostelacultura.gal e dos elementos nel engadidos son titulariedade do Auditorio de Galicia, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Auditorio de Galicia, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a esta Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Auditorio de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. 

O Auditorio de Galicia non se fai responsable dos danos e das perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estricto exercicio das súas competencias.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O Auditorio de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

Condicións xerais para a venda de entradas

A adquisición dunha entrada, abono ou convite emitidas polo organismo autónomo Auditorio de Galicia, con NIF Q1500340C e domicilio social en Avda. Burgo das Nacións s/n, 15705 de Santiago de Compostela (baixo a súa marca comercial Compostela Cultura), para calquera dos recintos nos que organice actividades (en adiante, entrada) representa a aceptación das seguintes condicións:

  1. A entrada dispón de diferentes medidas de seguridade. Non obstante, a Organización non garante a súa autenticidade se non se adquiriu nalgún dos oficiais de venda. Toda entrada mencionada, rota, sospeitosa de falsificación ou adquirida ilicitamente autorizará á Organización a privar do acceso ao seu portador/a. Nestes casos, a Organización declina toda responsabilidade.
  2. Por motivos de seguridade e de control da cabida do recinto, toda persoa que acceda ao recinto, independentemente da súa idade, deberá ter unha entrada.
  3. É condición para a admisión dispoñer da entrada completa e en bo estado. A entrada terase que conservar ata a saída do recinto.
  4. A Organización resérvase o dereito de modificar, se as circunstancias o esixen, as datas, os horarios, os programas ou os intérpretes anunciados, como tamén de decretar a suspensión do espectáculo. Unha vez adquirida a entrada non poderá ser cambiada, nin o seu importe devolto, excepto por cancelación do acontecemento, caso en que a Organización comprométese á devolución do seu importe. O período máximo de solicitude da devolución será ata 15 días despois da data prevista para o evento.
  5. Como norma xeral, non estará permitida a entrada de público á sala durante a representación das obras. É potestade da Organización permitir a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  6. A Organización resérvase o dereito de admisión. O portador desta entrada comprométese a cumprir os requisitos e as condicións de seguridade do recinto. A Organización non se fai responsable da utilización indebida das instalacións.
  7. O/a portador/a da entrada comprométese a ser respectuoso cos/as artistas e o persoal del recinto, como tamén a desconectar os teléfonos móbiles e todo tipo de alarmas antes do comezo do espectáculo, e a non comer, beber ou fumar no interior. Tamén se prohibe a entrada de animais, excepto os cans de asistencia.
  8. As entradas para as butacas de visibilidade reducida e para o anfiteatro do Teatro Principal, poñeranse só a disposición do público unha vez completa a capacidade do resto da sala. Terán un prezo do 50% sobre o xeral para ese espectáculo e só se poderán adquirir no despacho de billetes.
  9. En aras da protección dos dereitos de imaxe e propiedade intelectual, prohíbese facer fotografías, con ou sen flash, filmar ou gravar, como tamén a entrada ao recinto con calquera obxecto ou produto que a Organización considere perigoso o que estea prohibido pola normativa vixente.
  10. A Organización non se fará responsable das perdas, roubos, deterioramentos, danos ou prexuízos causados ao/á portador/a ou aos seus obxectos persoais durante a estancia no recinto.
  11. Calquera reclamación relacionada coa realización, suspensión, modificación ou anulación do espectáculo, terase que dirixir á Organización coa presentación da entrada.

Condicións xerais para a alta e usuario/a do portal compostelacultura.gal

  1. O portal compostelacultura.gal está xestionado polo organismo autónomo local, dependente do Concello de Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia Auditorio de Galicia, con NIF Q1500340C e domicilio social en Avda. Burgo das Nacións s/n, 15705 de Santiago de Compostela. A alta de usuario/a comporta que os datos de carácter persoal serán incluídos nos ficheiros do Auditorio de Galicia.

  2. Ao utilizar os servizos de compostelacultura.gal, o titular dos datos persoais presta o seu consentimento declarando coñecer e aceptar que os seus datos persoais integren a base de datos do Auditorio de Galicia, outorgando pola presente, autorización expresa para que: (i) o tratamento automatizado dos datos e información e (ii) a súa utilización para envío de información sobre os eventos actuais ou futuros, que desenvolva o Auditorio de Galicia.

  3. Tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.

  4. Aquelas persoas físicas que lle faciliten os seus datos ao Auditorio de Galicia poderán dirixirse a esta Administración, na súa calidade de responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos nos termos previstos pola lexislación vixente .

  5. O/a interesado/a poderá exercitar os seus dereitos mediante a comunicación por escrito dirixida ao Rexistro Xeral do Auditorio de Galicia, situado na Avda. Burgo das Nacións s/n, 15705-Santiago de Compostela.