SELIC

A Semana do Libro de Compostela é unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa do Libro de Compostela, que nace no ano 2017 coa vontade de converterse nunha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia.
Entre as actividades habituais da SELIC realízanse presentación de libros, firmas de exemplares, visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas ou obradoiros.

Máis información na páxina web da SELIC