A Real Filharmonía de Galicia recibe a pianista Judith Jáuregui no concerto desta xoves

As persoas asistentes terán a oportunidade de escoitar á aplaudida solista durante o concerto Territorios da entropía, con obras de Inés Badalo, Manuel de Falla e Juan Crisóstomo Arriaga

A recoñecida pianista Judith Jáuregui será a solista convidada da Real Filharmonía de Galica deste xoves, no que o público terá oportunidade de escoitar as obras de Inés Badalo, Manuel de Falla e Juan Crisóstomo Arriaga. O concerto, titulado Territorios da Entropía, será dirixido por Sebastian Zinca. A seguir coa temática proposta para a temporada ‘Migracións’, nesta ocasión o programa visita composicións de autoras e autores que tiveron que deixar o seu país de orixe e mudarse a outros lugares para ser formar. Pasar por eses cambios enriquece non soamente a persoa que vive as diferentes culturas coas que convive, senón que inflúe directamente na súa contorna e refléxase nas súas creacións. Así, o concerto desta semana quere trasladarnos  o público do caos á orde a través dunha viaxe que comeza cun rico xogo de texturas en Entropía, de Inés Badalo, seguido polo universo máxico evocado por Noches en los jardines de España, de Manuel de Falla e remata coa Sinfonía en Re menor, de Juan Crisóstomo de Arriaga.

O concerto terá lugar ás 20.30 horas na Sala Brage do Auditorio de Galicia de Santiago e antes do seu comezo ás 19:45h, as persoas asistentes poderán participar nun encontro aberto con Sebastian Zinca na sesión 'Conversando con...' na Sala Mozart. As entradas para o concerto poden ser adquiridas na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberta de martes a sábado de 11 a 14 e de 16 a 19 horas), e no do Auditorio o propio día do concerto.

Unha cativadora pianista

Judith Jáuregui é coñecida polo seu refinamento expresivo e pulsación luminosa. Nada en San Sebastián, estivo unida a diversas culturas desde a súa infancia: de nai vasca e pai mexicano de nacemento e francés de adopción, iniciouse na música na súa cidade natal para despois finalizar os seus estudos en Múnic, Alemaña, baixo a tutela do mestre ruso Vadim Suchanov. 

Nas últimas tempadas foi recibida con entusiasmo en salas de referencia como o Auditorio Nacional de Madrid, o Palau da Música de Barcelona, o Southbank Centre de Londres, Auditorio Louvre de París, o Konzerthaus de Berlín, Suntory Hall de Tokio, NCPA Pequín, o Festival de Piano de La Roque-d'Anthéron, o Festival Radio France de Montpellier en Francia, Schloss Elmau, Murten Classics ou Klosters Music. Colaborou recentemente con formacións como a Britten Sinfonia, Neubrandenburger Philharmonie, PFK Prague Philharmonia, Dás Neue Orchester Köln, Aarhus Symphony Orchestra, Slovak Sinfonietta e a Orquesta Simón Bolívar de Venezuela, ademais das principais orquestras españolas como a Orquesta Nacional de España, a Euskadiko Orkestra, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta de Córdoba, a Orquesta de la Región de Murcia ou a Orquesta Sinfónica de Bilbao tendo a oportunidade de traballar, entre outros, con directores como Andrey Boreyko, Marc Soustrot, Víctor Pablo Pérez, Günter Neuhold, Diego Matheuz, Erik Nielsen, Jaime Martín, Jan Willem de Vriend, Claus Efland, Virginia Martínez e Kaspar Zehnder.

Colaborou recentemente con formacións como a Britten Sinfonia, Neubrandenburger Philharmonie, PFK Prague Philharmonia, Dás Neue Orchester Köln, Aarhus Symphony Orchestra, Slovak Sinfonietta e a Orquesta Simón Bolívar de Venezuela, ademais das principais orquestras españolas como a Orquesta Nacional de España, a Euskadiko Orkestra, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta de Córdoba, a Orquesta de la Región de Murcia ou a Orquesta Sinfónica de Bilbao tendo a oportunidade de traballar, entre outros, con directores como Andrey Boreyko, Marc Soustrot, Víctor Pablo Pérez, Günter Neuhold, Diego Matheuz, Erik Nielsen, Jaime Martín, Jan Willem de Vriend, Claus Efland, Virginia Martínez e Kaspar Zehnder.