• Teatro Principal

    O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela.

  • Zona "C"

    Inaugurada en marzo de 2007 como espazo para a arte máis emerxente, a Zona "C" consolídase como aposta da Concellaría de Acción Cultural para promover a creación de vangarda.

  • Auditorio de Galicia

    O Auditorio de Galicia inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia e convertelo no centro, por excelencia, para a recepción das manifestacións culturais que a cidade xera.