O concerto da Real Filharmonía de Galicia previsto este xoves no Auditorio de Galicia será no Auditorio Abanca

Desde a concellaría de Acción Cultural de Compostela vémonos na obriga de trasladar o concerto da Real Filharmonía de Galicia previsto este xoves no Auditorio de Galicia para o Auditorio Abanca do Preguntoiro.

A correcta ensamblaxe das novas butacas da sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia atrasou a data de reapertura da sala en base ás previsións iniciais, polo que o concerto non se poderá facer neste espazo. É por iso que nos vemos na necesidade de trasladalo. A data e hora do concerto será a mesma, este xoves 24 de xaneiro ás 20.30 h, e o Conversando previo queda cancelado.

Estamos traballando en avisar a cada unha e cada un dos nosos abonados así como ás persoas que mercaron as entradas a través da nosa páxina web compostelacultura.gal. Deste xeito comunicarémoslle o cambio de espazo así como a fila e butaca que lle corresponderían no novo emprazamento.

Desde a concellaría de Acción Cultural lamentamos profundamente as molestias que poida causar esta cuestión e contamos coa comprensión de todas e todos os espectadores nunha situación tan excepcional.