A actriz e cantante María de Medeiros acompáñase de The Legendary Tigerman, o músico portugués Paulo Furtado, para repasar diferentes músicas que marcaron a historia do cinema no espectáculo 24 Mila Baci. O concerto está incluído dentro do programa Cantactrices, do proxecto WOM@RTS, que conta co apoio do Creative Europe da Unión Europea. A actuación terá lugar o mércores día 13, ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia. A entrada ten un prezo de 14 euros, á que se aplican descontos do 50% para persoas desempregadas, estudantes, familias numerosas e monoparentais, entre outras.
Este domingo será a quenda da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela que interpretará temas acompañando imaxes de varias películas de Harold Llyd e Charles Chaplin. A entrada ao concerto, que terá lugar no Teatro Principal, é libre ata que se complete a capacidade do recinto.