Mª Victoria Jericó, os irmáns López Jorge, Millán Abeledo e Elisa Martín Bragado presentan 'Narrativas Imaxinarias' nas XMC

As Xornadas de Música Contemporánea seguen coa súa programación e o vindeiro luns, 17 de xuño, ofrecen o concerto 'Narrativas Imaxinarias'. Será ás 20.30 h no Auditorio de Galicia e nel poderemos escoitar aos irmáns López Jorge; a Mª Victoria Jericó Francés; a Millán Abeledo e a Elisa Martín Bragado. O programa ofrece, entre outras obras, a estrea absoluta de 'Dúas vidas que respiran xuntas' do compostelán Manuel López Jorge.

María Victoria Jericó Francés, violín
Javier López Jorge, piano
Luis López Jorge, violín
Manuel López Jorge, piano
Millán Abeledo Malheiro, cello
Elisa Martín Bragado, piano
 

Narrativas imaxinarias
Manuel López Jorge (Compostela, 1984)
Montañas ao lonxe (2015)
Federico Mosquera Martínez (A Coruña, 1986)
Metamorfosis (2017)
Fernando Buide del Real (Compostela, 1980)
Canto Auriense (2019)
Manuel López Jorge (Compostela, 1984)
Fulgor cósmico (2018)
Dúas vidas respiran xuntas* (2019)
*Estrea absoluta