'Las hurdes' de Buñuel nas Xornadas de Música Contemporánea da man de Vertixe Sonora

As Xornadas de Música Contemporánea están chegando xa á súa fin e mañá, chega o concerto de Vertixe Sonora. Con Aglaya González, viola; presentado por José Luis Losa e narrado por María Lado, presenta a música do arxentino Martin Matalon para 'Las hurdes (Terre san pain)' de Luis Buñuel, coa proxección do filme. Será a partir das 20.30 h no Auditorio de Galicia, nun concerto con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

VERTIXE SONORA - Aglaya González, viola
Presentación: José Luis Losa

Las Hurdes (Terre san pain) (1932)
Dirección                                Luis Buñuel
Axudante de dirección          Pierre Unik, Rafael Sánchez Ventura
Produción                              Ramón Acín Aquilué
Guión                                      Luis Buñuel, Pierre Unik, Julio Acín
Son                                        Charles Goldblatt, Pierre Braunberge
Fotografía                              Eli Lotar
Montaxe                                 Luis Buñuel
Duración                                 27 min

Música e adaptación dos textos: Martin Matalon
Traducción ao galego: Auditorio de Galicia

Martín Matalon (Arxentina, 1958)
TRACES II - La cabra (2005)
viola e dispositivo electrónico en tempo real

Coa proxección de Las Hurdes: Tierra sin pan de Luis Buñuel, Vertixe Sonora e a voz de María lado presentan Traces II (la cabra), terceira das películas do cineasta aragonés sonorizadas polo compositor arxentino Martin Matalon.

Aglaya González
Debuta como solista aos 16 anos coa Orquesta Sinfónica de Castilla y León. Realiza numerosos recitais en España, Alemaña, Italia, Francia, Holanda, Suiza, Noruega, Israel e Estados Unidos. Especialízase en música de cámara antiga e contemporánea. É membro cofundador do AMÉI Quartett e do Ensemble Tempus Konnex e colabora asiduamente con grupos de música contemporánea como o Ensemble Modern, Ensemble Reherche, Vertixe Sonora e Klangforum Wien. Toca ademais a vihuela, viola barroca e viola d’amore en Darmstädter Hofkapelle, Capella Academica Frankfurt, Bachorchester Wiesbaden, Freiburger Bachorchester ou Le Concert Lorrain. Inicia os sus estudos de viola no Conservatorio de Ponferrada e con só catorce años é admitida na Cátedra de Viola da Escuela Superior de Música Reina Sofía onde perfecciona co mestre Gérard Caussé. Gradúase nas especialidades de Viola e Pedagoxía de Viola no RCSMM para continuar a súa formación realizando o Postgrao de solista ‘Viola Performer Diploma’ co profesor Atar Arad na Universidade de Indiana. Foi bolseira do Ensemble Modern para realizar o seu Mestrado en Música Contemporánea, completa o Mestrado ‘Viola Solist’ con Ch. Desjardins e D. Poppen en HfM Detmold e o Mestrado en interpretación histórica con B. Fork, M. Karkow e . Müllejans na HfMDK Frankfurt, obtendo as máximas calificacións. É Doutora en Música (tradución e comunicación multicultural) pola Universidad Alfonso X. 

Actúa en muerosos festivais e participa como viola principal en numerosas orquestras e foi membro de orquestras como a Gustav Mahler Jugendorchester, IU Baroque Orchestra, IU New Music Ensemble e a Orquesta de Cámara Sony. Colabora habitualmente coa orquesta de RTVE, Frankfurter Opern- und Museumsorchester, Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Nacional de España y Ensemble Modern Orchester, entre outras orquestras. Como músico de cámara é fundadora dos cuartetos Adlibitum e Cariatide, Detmolder Klavierquartett, Smile trio, Duo A + A e comparte escenario con intérpretes de renome internacional como Garth Knox, Claudio Martinez-Mehner, Peter Orth, Piotr Oczkowsky, Xenia Jankovich, Hagai Shaham, Hillel Zori y Marco Ricci. Foi galardoada con numerosos premios como o Nacional de Música de Cámara Yamaha-Hazen, VI Concurso Internacional de Música Villa de Llanes, Certamen Jóvenes Intérpretes de Ibercaja, Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de JME, 18 Concurs Josep Mirabent i Magrans, Jacobs School of Music's 2010 Travel Grant Competition, Jacobs School of Music's annual Viola Concerto Competition, Kammermusikpreis2012 der Polytechnischen Gesellschaft Frankfurt e Förderpreis Boris Pergamenschikow. Aglaya foi bolseira da Fundación Albéniz, AIE, Juventudes Musicales de Madrid e a fundación Alexander von Humboldt.