

Protocolo de acceso a espectáculos en espazos pechados de artes escénicas e musicais.
1. Normas xerais:
Como norma xeral serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada moemento pero primará o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores. Polo tanto a cabida dos espazos escénicos realizarase en función a este criterio.
Como medida de reforzo de seguridade será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores.
O acceso dos espectadores estará condicionado ás seguintes normas xerais:
Uso obrigatorio de máscara
Desinfección de mans
Distancia mínima de 2 m entre persoas
Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade de 2 m.
Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 , tos, falta de aire ou tienes febre ( > 37 ºC) non acceda ás instalacións
Para realizar un contro de acceso e saída de xeito gradual, os espazos escénicos habilitados para para realizar funcións no mes xullo, divídense nos seguintes sectores:
Sala Ángel Brage
Sector 1: Lateral Par-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas pares da 16 á 42)
Sector 2: Lateral Impar-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas impares da 17 á 43)
Sector 3: Central-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas da 1 á 15)
Sector 4: Lateral Par-traseiro (Filas 15 a 25, butacas pares da 16 á 42)
Sector 5: Lateral Impar-traseiro (Filas 15 a 25, butacas impares da 17 á 43)
Sector 6: Central-traseiro (Filas 15 a 24, butacas da 1 á 15)
Teatro Principal
Sector 1: Palco 2ª Planta
Sector 2: Palco 1ª Planta
Sector 3: Palcos Platea
Sector 4: Patio de butacas
3. Acceso e saída gradual:
O acceso realizarase de xeito gradual, seguindo a seguinte orde e tempos recomendados:
Sala Ángel Brage
Sector 1: Lateral Par-dianteiro: 20 minutos antes do comezo da función
Sector 2: Lateral Impar-dianteiro: 20 minutos antes do comezo da función
Sector 3: Central-dianteiro: 15 minutos antes do comezo da función
Sector 4: Lateral Par-traseiro: 10 minutos antes do comezo da función
Sector 5: Lateral Impar-traseiro: 10 minutos antes do comezo da función
Sector 6: Central-traseiro: 5 minutos antes do comezo da función
Teatro Principal
Sector 1: Palco 2ª Planta: 20 minutos antes do comezo da función
Sector 2: Palco 1ª Planta: 15 minutos antes do comezo da función
Sector 3: Palcos Platea: 10 minutos antes do comezo da función
Sector 4: Patio de butacas: 5 minutos antes do comezo da función
A saída realizarase de xeito contrario, sendo as persoas que están máis próximas á porta as primeiras en abandonar a sala. Será o persoal de acomodación quen indicará que poden ir saíndo do recinto.
4. Control de acceso:
O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade.