Fukio Saxophonquartett chega ás Xornadas de Música Contemporánea

As Xornadas de Música Contemporánea continúan ofrecendo na cidade diversas propostas dentro da música de culto e vangarda. Xa van aló cinco propostas musicais e quedan outras tantas ata a súa clausura o vindeiro 27 de xuño. Mañá, martes 18 de xuño, chega o día do Fukio Saxophonquartett: a primeira hora, 16.30 h, impartirán unha clase maxistral a todas as persoas que o desexen, ata completar aforo, no Conservatorio Profesional de Música da cidade; e a partir das 20.30 h, ofrecen un concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Joaquín Sáez Belmonte, José Manuel Bañuls Marcos, Xabier Casal Ares e Xavier Larsson Paez ofrecen un programa que inclúe a estrea en España de 'Diez sinfonías' de Gordon Kampe; 'Madonna del Prato' de Lisa Streich; e 'So be it' de Thierry Tidrow. Ademais, tamén poderemos gozar da estrea absoluta de '(White) Planes in dissolution' de Camilo Andrés Méndez San Juan e da interpretación de 'Saxophonquartett' de Georg Friedrich Haas. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Considerado un dos grupos más novos e con máis proxección en Europa. Desde a súa fundación en 2007, Fukio adícase á exploración da música de cámara para cuarteto de saxofóns. Fukio Ensemble actúa en importantes salas de Alemaña, Reino Unido, China e España así como en numerosos festivais como o Hudersfield Contemporary Music Festival en Reino Unido, IMPULS en Austria, Spitzentöne e Romanisches Sommerfestival en Colonia, Mallorca Saxophone Festival, Freunde Junge Musiker en Frankfurt e Düsseldorf, Festival Monteleón e Young Euro Classics en Berlin entre outros. 

O cuarteto Fukio é bolseiro da fundación Werner Richard–Dr. Carl Dörken. Participou en concursos de música de cámara nacionais e internacionais, sendo galardoados no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España, o Concurso Internacional Yamaha en Madrid, o Gianni Bergamo Classic Music Award de Lugano; a medalla de ouro no concurso UGDA de Luxembourg, os primeiros premio no Felix Mendelssohn-Bartholdy Hochschulwettbewerb, no Coop Music Awards en Milán, no Karlsruher Wettbewerb für die Interpretation Neue Musik e na 20º International Chamber Music Competition de Illzach. En 2016 a WDR, Ars Produktion e a Förderer der Hochschule für Musik und Tanz Köln outorga a Fukio Ensemble o galardón ao grupo revelación ‘Taste the Best’, sendo premiado co total respaldo para a gravación do seu segundo CD Time in Motion. 

O encargo de novas pezas e o labor pedagóxico son dous pilares centrais nas actividades do cuarteto levando a cabo obradoiros na UEA (Universidade East Anglia) e o Encontro Galego do Saxofon. Fukio está especializado cun mestrado en música de cámara contemporánea pola Hochschule für Musik und Tanz de Colonia no aula do Prof. David Smeyers e supervisados polo Cuarteto Casals. Realizou un programa de estudos Erasmus de música de cámara no Conservatoire National Supérieur de Musique et de Danse de Paris co Prof. László Hadady.