Curtocircuíto clausura a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios

Quando a terra foge, de Frederico Lobo, gaña o premio Cosmos á mellor película; Pupa, de Antía Carreira gaña o Premio Supernova e Furada negra, de Berio Molina, o premio Planeta GZ

O xurado novo premia o filme Portales, de Elena Duque

A cineasta Lucile Hadžihalilović, recolle esta noite o Premio Especial Curtocircuíto Atlas

Oliver Laxe, Kangding Ray ft. Adrián Canoura abarrotaron a praza de Quintana no live av de Sirāt Soundtrack

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto clausura a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) pon fin a seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais. 

A gala contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a concelleira de Xuventude, María Rozas; o director do festival, Pela del Álamo; así como representantes da corporación municipal e das entidades colaboradoras desta edición.

Os diferentes xurados oficiais de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cinema decidiron outorgar os seguintes premios:
 

  • Premio Cosmos á mellor películaQuando a terra foge, de Frederico Lobo
  • Mención especialThe man who could not remain silent, de Nebojša Slijepcevic
  • Premio Cosmos á  película máis innovadoraPortales, de Elena Duque
  • Premio SupernovaPupa, de Antía Carreira
  • Mención especialDelirio Sketchs, de Bea Saiáns
  • Premio Planeta GZFurada negra, de Berio Molina
  • Premio do Xurado Novo:  Portales, de Elena Duque
  • Mención especialEl cuento de una noche de verano, de María Herrera
  • Premio do Público (patrocinado por GADIS):  El cuento de una noche de verano, de María Herrera

Laia Abril, Brais Revaldería, Guillermo Galoe, Oliver Laxe e Kandgding Ray foron os protagonistas das sesión especiais do festival. Martin Messier, Oliver Laxe, Kangding Ray, ou Amelie Duchow, ademais de talentos galegos como Carme López Irene Sáenz conformaron o cartel de espectáculos audiovisuais como parte da corrente do festival de pontes e xerar diálogos entre son e cinema. 

A praza da Quintana, Praterías, o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou espazos naturais como o Xardín das Pedras que Falan foron sede dunha programación que combinou cinema internacional, creación galega, espectáculos audiovisuais en directo e encontros co público. O cambio de modelo do festival e a aposta por sacar a programación ao espazo público da cidade como escenario creativo e devolver o cinema ás prazas da cidade foi recibido por unha ampla acollida do público, que encheu as sesións da programación. Sesións como o live av de Oliver Laxe, Kangding Ray ft. Adrián Canoura deixaron a súa pegada deixaron a súa pegada, cun espectáculo irrepetible que converteu a cidade nun escenario sensorial único e que será lembrado como un dos momentos máis emblemáticos desta edición de