Cineuropa abre a convocatoria para elixir o seu Xurado Novo

A 37ª edición do festival desenvolverase do 9 ao 25 de novembro

A convocatoria diríxese a persoas de entre 18 e 25 anos e o prazo de recepción de candidaturas permanecerá aberto ata o 24 de outubro

 

O festival Cineuropa quece motores para o arranque da súa trixésimo sétima edición e abre a convocatoria para a composición do Xurado Novo. Poderán formar parte del persoas de entre 18 e 25 anos con interese o cinema e dispoñibilidade para ver durante o festival a selección de filmes que serán sometidos a avaliación (arredor de 20). Non poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas que xa formaran parte dalgún dos Xurados Novos de Compostela Cultura.

As persoas integrantes do Xurado Novo terán na súa man a composición dun palmarés no que se inclúen as seguintes categorías: Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Guión, Mellor Interpretación Feminina e Mellor Interpretación Masculina. Os premios do Xurado Novo serán de carácter honorífico e daranse a coñecer na derradeira xornada do Cineuropa 37, que se celebra do 9 ao 25 de novembro.

Para se inscribir no proceso de selección do Xurado Novo, só é preciso encher un formulario disponible en liña e o prazo para facelo remata o 24 de outubro. As bases completas están dispoñibles nos arquivos anexos.