Cinema coa música de Los Pilotos e da Real Filharmonía de Galicia

Máis música para Cineuropa. O festival ofrece para a súa recta final dúas citas moi diferentes cos ritmos do cinema. A primeira é o tributo ao director xaponés Hayao Miyazaki que ofrecen Los Pilotos, a banda que conforman compoñentes de Los Planetas para mesturar música coa animación dos seus filmes. O concerto terá lugar o venres 22 ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia. A entrada é de balde pero é preciso retirar un convite, que está dispoñible dende hoxe no Teatro Principal e, dende hora e media antes do concerto, no Auditorio de Galicia.

A última xornada de Cineuropa, o xoves 28, terá tamén música. Nesta ocasión, será a cargo da Real Filharmonía de Galicia, que interpretará a música composta por Sánchez Verdú para a película A caída da casa Usher, un filme de 1928 dirixido por Jean Epstein. A cita é no Auditorio de Galicia o día 28 ás 20.30 horas. As entradas, que teñen descontos de ata o 50% para diferentes colectivos, teñen un prezo de 15 euros.

MÁIS INFORMACIÓN
  • Los Pilotos homenaxean a Miyazaki o venres 22 no Auditorio de Galicia
  • A Real Filharmonía de Galicia pecha Cineuropa coa interpretación da banda sonora de A caída da casa Usher