Canceladas as funcións de 'Ubasute', de Berrobambán, no Teatro Principal

As representacións previstas para os días 23 e 24 de abril non poderán celebrarse por causas alleas á organización
As persoas con entrada para o espectáculo recibirán o reembolso íntegro do seu importe na mesma forma de pagagmento que empregaron para a compra
 

Compostela Cultura informa da cancelación das funcións de ‘Ubasute’, da compañía Berrobambán, programadas no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 23 e 24 de abril, por causas alleas á organización e derivadas dunha indisposición sobrevida nunha persoa integrante do equipo.

O persoal de atención a públicos contactará coas persoas posuidoras de entradas polos medios autorizados para informalas do procedemento para solicitar a devolución do importe. 

No caso das entradas adquiridas en liña, o reembolso efectuarase automaticamente na mesma tarxeta coa que se realizou o pagamento; no caso das compras presenciais, deberá solicitarse a devolución no despacho de billetes da Zona C no prazo máximo de 15 días tras a data prevista para a celebración do evento, presentando o comprobante da compra.