Adxudicados 100.000 euros en axudas ao sector profesional de Cultura

A Xunta de Goberno de hoxe resolveu a convocatoria de axudas de apoio e procesos a actividades culturais, destinada ao sector profesional. Desta subvencións beneficiaranse 14 entidades solicitantes, que percibirán un total de 100.000 euros entre 2018 e 2019. A Concellaría de Acción Cultural convoca ás entidades beneficiarias a unha reunión informativa, que se celebrará no Centro Cívico de Santa Marta o próximo xoves 22 de novembro, a partir das 18:00 horas.

Co fin de aclarar dúbidas sobre os seguintes pasos do proceso (aceptación ou renuncia, anticipo, minoración, documentación a pre sentar, cálculo de importes, sancións, reintegro, etc) a concellaría de Acción Cultural convoca ás entidades beneficiarias a unha charla informativa centrada na correcta execución e xustificación das actividades subvencionadas.

Celebrarase no Centro Cívico de Santa Marta o próximo xoves 22 de novembro, a partir das 18:00 horas.

Para asistir será preciso que reservedes praza enviando un correo a proxectoscultura@santiagodecompostela.gal

O centro dispón de aula de xogo para aquelas persoas que o precisen no seguinte horario: xoves de 17:00 a 20:30 h.

As cantidades adxudicadas a cada entidade poden consultarse na táboa.