

A Real Filharmonía de Galicia pon á venda durante o mes de setembro as diferentes modalidades de abono para a súa tempada 2026-2027, ‘Memoria’, así como as entradas individuais para os seus concertos
Abonos xerais, á venda do 15 ao 17 de setembro
Os abonos xerais permiten adquirir entradas para toda a tempada. Dentro desta modalidade é posible escoller entre tres formatos diferentes:
ABONO A
24 concertos, de outubro a xuño, por 298,50 €
ABONO B
13 concertos, de outubro a xaneiro, por 157,25 €
ABONO C
13 concertos, de febreiro a xuño, por 181,05 €
Hai descontos dispoñibles para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.
Cómpre indicar que a venda dos abonos xerais estará habilitada do 15 ao 17 de setembro de 2026.
As persoas interesadas poderán adquirilos presencialmente no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural, na rúa do Preguntoiro, 1 (praza de Cervantes), de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas; no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, de 10 a 14 horas; ou a través do teléfono do Auditorio, 981 571 026, no mesmo horario.
Abono (EN)FOCO XACOBEO, á venda desde o 15 de setembro
O ciclo (EN)FOCO XACOBEO, que conta co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2027, volverá ocupar un lugar destacado na programación da Real Filharmonía de Galicia. O abono inclúe os catro concertos do ciclo, todos eles os venres, e está dispoñible unicamente de maneira presencial no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural.
As catro propostas que integran o ciclo son:
(EN)FOCO 1 XACOBEO · Unha noite de tango, 16 de outubro
(EN)FOCO 2 XACOBEO · Cineuropa: The General, 20 de novembro
(EN)FOCO 3 XACOBEO · Rufus Wainwright + RFG, 12 de marzo
(EN)FOCO 4 XACOBEO · Michel Camilo, 16 de abril
As catro propostas presentan formatos e repertorios diferentes e exploran o diálogo da música sinfónica con outras linguaxes artísticas, desde o tango e o cine con música en directo ata a colaboración con grandes artistas de diferentes ámbitos musicais.
Puntos de venda do abono (EN)FOCO XACOBEO: unicamente de maneira presencial no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural, rúa do Preguntoiro, 1 (praza de Cervantes), de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.
Abonos flexibles, á venda desde o 22 de setembro
Os abonos flexibles* permiten ao público deseñar a súa propia tempada e escoller os concertos aos que quere asistir:
FLEXIBLE 5
Permite elixir cinco concertos de toda a tempada por 70 €.
FLEXIBLE 10
Permite escoller dez concertos entre todas as propostas desta tempada por 140 €.
*Os abonos flexibles non son aplicables aos concertos do ciclo (EN)FOCO XACOBEO.
Estarán á venda desde o 22 de setembro de 2026, tanto de maneira presencial no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural, rúa do Preguntoiro, 1 (praza de Cervantes), de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, como a través da web compostelacultura.gal.
Entradas individuais, á venda desde o 22 de setembro
Finalmente, as entradas individuais para os concertos da tempada estarán dispoñibles desde o 22 de setembro de 2026.
Poderán adquirirse presencialmente no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural, de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas; no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, só os días de cada concerto desde unha hora antes do seu comezo; e a través da web compostelacultura.gal.
Deste xeito, a Real Filharmonía de Galicia ofrece diferentes opcións para achegarse á súa nova tempada ‘Memoria’, desde a fidelidade dos abonos xerais ata a flexibilidade de escoller concertos concretos ou a experiencia singular do ciclo (EN)FOCO XACOBEO.