

Poderán formar parte del persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que non integraran xa algún dos xurados novos de escénicas ou cinema de Compostela Cultura
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto até o 12 de xaneiro
O vindeiro luns, día 12 de xaneiro, pecha o prazo de recepción de candidaturas para formar parte do Xurado Novo de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Estará conformado por un máximo de 10 persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que deberán ver e valorar unha escolma dos espectáculos de teatro, danza e circo programados no Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e outros espazos durante todo o ano.
Para participar no proceso de selección é preciso cubrir o formulario de inscrición dispoñible na web de Compostela Cultura e responder a unha serie de cuestións relacionadas coa experiencia como espectadoras e espectadores.
As persoas seleccionadas terán acceso libre aos espectáculos incluídos no programa —previo aviso e segundo a dispoñibilidade das salas— e serán as encargadas de elaborar un palmarés honorífico, que se fará público ao remate do ano.
As bases de participación están dispoñibles na web de Compostela Cultura.