ENCONTRO | AUTOEDICIÓN COMO SUPERVIVENCIA | MARÍA GIL MARTÍNEZ

DATOS BÁSICOS

[MULLERES EN CADRIÑOS | ACTIVIDADES PARALELAS #PUNCTUM]

A Zona C acolle o segundo dos encontros arredor do territorio do fanzine a cargo da investigadora María Gil Martínez que ao abrigo to título 'Autoedición como supervivencia: fanzines para a resistencia feminista e LGTBIQ+ en Galicia' conversará en profundidade sobre a autoedición para falar dos seus límites e especificidades. Un achegamento á actualidade a través de exemplos concretos onde María abordará as diferentes formas de relación entre arte e política na autopublicación observando os inicios do fanzine feminista e LGTBIQ+.

Moderado por Neves Rodríguez, o encontro forma parte das actividades paralelas da exposición #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega e está dirixido a todos os públicos.

María Gil Martínez é historiadora da arte e investigadora na Facultade de Xeografía e Historia da USC. As súas liñas de traballo abranguen a arte gráfica na Galicia contemporánea, os estudos culturais e a relación entre arte e política na produción autoeditada. Entre outras cousas, coordinou seminarios e xornadas, comisariou exposicións e foi profesora de debuxo e pintura.

 #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, permanece aberta no Auditorio de Galicia até o 16 de xuño

Entradas: 
  • Todos os públicos
  • Entrada de balde até límite de capacidade
Funcións: 
Sábado, 4 Maio, 2024
12:00 a 13:30
Zona C. Punto de información cultural