nD é unha performance audiovisual en forma de díptico e a terceira versión do proxecto audiovisual cm, desenvolvido ao longo de moitos anos. Nesta obra, os fenómenos do son e da visión, os modos de abstracción e concreción, e as calidades do significativo e do insignificante matérialízanse na fluctuación continua entre a dualidade e a non dualidade. O díptico non está concibido unicamente para presentar oposición ou diferenza, senón máis ben como un espazo no que a nosa percepción oscila entre a separación e a inseparabilidade. Ao traballar e fusionar o son e a imaxe nun nivel abstracto, crea unha intensa experiencia audiovisual que estimula simultaneamente a vista e o oído. Esta expresión audiovisual pura, desprovista de significado, libera o público das limitacións da interpretación, guiándoo cara a unha experiencia máis directa e sensorial.
AVISO: Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles