BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA
5 E 6 MARZO 10:00 H E 12:00 H
Idade recomendada: ESO e Bacharelato
Duración: 60 min
Lingua: Galego
Actriz: Cris Collazo
Actor: Josito Porto
Director: Casiano Mouriño
“A Banda no Rock”
SINOPSE
A Banda no Rock é un concerto cheo de forza, ritmo e emoción que nos conta a famosa historia de Pincho e Púa, dúas personaxes que nos falan da importancia de pertencer a un colectivo e de compartir aquilo que nos apaixoa. Pincho non está a atravesar un bo momento, mais grazas ao apoio das súas amigas, do grupo e, sobre todo, da música, vai superar tódalas adversidades ou polo menos a levalas mellor.
Ao longo do espectáculo, a banda convértese na auténtica protagonista, guiando ao público por unha viaxe musical na que coñecemos o rock and roll, bailamos swing e rompemos prexuízos, descubrindo que o “hit” non é algo que dea medo, senón unha oportunidade para aprender e gozar. A música convértese así nunha ferramenta de expresión, unión e crecemento persoal.
Esta é unha proposta participativa e dinámica, pensada para gozar en familia, que transmite unha mensaxe clara: o importante non é chegar á meta, senón todo o proceso que vivimos polo camiño. Un espectáculo que convida a sentirse parte da banda e a converterse, por un día, nunha auténtica estrela do rock.
O elenco artístico está formado por Cris Collazo, no papel de Púa, e Josito Porto, interpretando a Pincho, con arranxos musicais de Manu Paino, no que escoitaremos…
- Smoke on the water, R. Blackmore, I. Gillan, R. Glover,
J. Lord, I. Paice / Arr. M. Sweeney
- Fraggle Rock, Arr. M. Paino
- Baby Elephant Walk, H. Mancini / Arr. J. Vinson
- Jailhouse Rock, J. Leiber–M. Stoller / Arr. B. Lowden
- Catro vellos Mariñeiros (Tradicional, versión Rock), Arr. M. Paino
- Xuntos e revoltos, K. Dansas / Arr. M. Paino
- Oda ó futbolín, (Os Diplomáticos de Montealto), Arr. M. Paino
- Despedida Xabarín, Arr. M. Paino
- Miña Terra Galega, (Siniestro Total), Arr. M. Paino
…e outras sorpresas…