BMSC·A BANDA NO ROCK

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA

5 E 6 MARZO 10:00 H E 12:00 H

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

Duración: 60 min

Lingua: Galego

 

Actriz: Cris Collazo

Actor: Josito Porto

Director: Casiano Mouriño

“A Banda no Rock”

 

SINOPSE

A Banda no Rock é un concerto cheo de forza, ritmo e emoción que nos conta a famosa historia de Pincho e Púa, dúas personaxes que nos falan da importancia de pertencer a un colectivo e de compartir aquilo que nos apaixoa. Pincho non está a atravesar un bo momento, mais grazas ao apoio das súas amigas, do grupo e, sobre todo, da música, vai superar tódalas adversidades ou polo menos a levalas mellor.

 

Ao longo do espectáculo, a banda convértese na auténtica protagonista, guiando ao público por unha viaxe musical na que coñecemos o rock and roll, bailamos swing e rompemos prexuízos, descubrindo que o “hit” non é algo que dea medo, senón unha oportunidade para aprender e gozar. A música convértese así nunha ferramenta de expresión, unión e crecemento persoal.

 

Esta é unha proposta participativa e dinámica, pensada para gozar en familia, que transmite unha mensaxe clara: o importante non é chegar á meta, senón todo o proceso que vivimos polo camiño. Un espectáculo que convida a sentirse parte da banda e a converterse, por un día, nunha auténtica estrela do rock.

 

O elenco artístico está formado por Cris Collazo, no papel de Púa, e Josito Porto, interpretando a Pincho, con arranxos musicais de Manu Paino, no que escoitaremos…

 

  • Smoke on the water, R. Blackmore, I. Gillan, R. Glover,

J. Lord, I. Paice / Arr. M. Sweeney

  • Fraggle Rock, Arr. M. Paino
  • Baby Elephant Walk, H. Mancini / Arr. J. Vinson
  • Jailhouse Rock, J. Leiber–M. Stoller / Arr. B. Lowden
  • Catro vellos Mariñeiros (Tradicional, versión Rock), Arr. M. Paino
  • Xuntos e revoltos, K. Dansas / Arr. M. Paino
  • Oda ó futbolín, (Os Diplomáticos de Montealto), Arr. M. Paino
  • Despedida Xabarín, Arr. M. Paino
  • Miña Terra Galega, (Siniestro Total), Arr. M. Paino

 

…e outras sorpresas…

Duración: 
60 min
Acceso: 
  • Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

    DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

    • Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 23 de setembro ás 8:30 h

    • Centro de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 24 setembro ás 8:30 h

     

    Só para centros de ensino

Info práctica: 
Xoves, 5 Marzo, 2026
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 5 Marzo, 2026
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 6 Marzo, 2026
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 6 Marzo, 2026
12:00
Auditorio de Galicia