19ª MICE· 12 DE MAIO DE 1937 | LAVADOIRO

DATOS BÁSICOS

19 ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO (MICE)

SECCIÓN OFICIAL: GALICIA

12 de maio de 1937

Mar Caldas

España, 2023

28 min VOSG/SpX

[Estrea en Galicia]

O meu avó, José Caldas, sindicalista e concelleiro socialista, foi fusilado en Vigo o 12 de maio de 1937, durante a guerra civil española. A miña voz en off, fotografías do álbum familiar e máis do estudio Pacheco, son os fíos condutores desta historia de pérdida e violencia. Pasado e presente, a historia familiar e a historia colectiva, a memoria transxeneracional e a historia social entrecrúzanse nun relato que demanda xustiza e no que a ollada feminista é persistente.

 

Lavadoiro

Ana Amado, Lois Patiño

Galicia / España, 2023

17 min VO/SpX

O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando como punto de partida o entorno do Lavadoiro de Artes (Corrubedo, A Coruña), construído nos anos 40 e recentemente recuperado polo arquitecto Carlos Seoane, como posta en valor dun espazo público singular ata agora en desuso.

Duración: 
55 MIN
Acceso: 

De balde, previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) a partir do martes, 12 de marzo

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día de cada proxección dende 1 h antes do seu comezo. Tel.: 981 542 34
Info práctica: 
Sábado, 23 Marzo, 2024
20:00
Teatro Principal