19 ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO (MICE)
SECCIÓN OFICIAL: GALICIA
12 de maio de 1937
Mar Caldas
España, 2023
28 min VOSG/SpX
[Estrea en Galicia]
O meu avó, José Caldas, sindicalista e concelleiro socialista, foi fusilado en Vigo o 12 de maio de 1937, durante a guerra civil española. A miña voz en off, fotografías do álbum familiar e máis do estudio Pacheco, son os fíos condutores desta historia de pérdida e violencia. Pasado e presente, a historia familiar e a historia colectiva, a memoria transxeneracional e a historia social entrecrúzanse nun relato que demanda xustiza e no que a ollada feminista é persistente.
Lavadoiro
Ana Amado, Lois Patiño
Galicia / España, 2023
17 min VO/SpX
O proxecto “O Lavadoiro” propón unha reflexión activa e multidisciplinar, desde a arquitectura construída e efémera, sobre o papel dos lavadoiros na vida das mulleres, como lugares de traballo doméstico e tamén de relación, tomando como punto de partida o entorno do Lavadoiro de Artes (Corrubedo, A Coruña), construído nos anos 40 e recentemente recuperado polo arquitecto Carlos Seoane, como posta en valor dun espazo público singular ata agora en desuso.