KARMA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

KARMA (2026)

Guillaume Canet

Francia / 149 min / Francés, castelán

Ficha artística:

Marion Cotillard, Denis Ménochet, Leonardo Sbaraglia, Luis Zahera, Dominique Frot, Ferran Font

Ficha técnica:

Guión: Guillaume Canet e Simon Jacquet

Fotografía: Benoît Debie

Edición: Laure Gardette

Produción: Simon Jacquet, Gregory Jankilevitsch, Ardavan Safaee, Klaudia Smieja e Geneviève Lemal

Sinopse:

Nunha aldea do norte de España, Jeanne intenta reconstruír a súa vida con Daniel, que descoñece o seu pasado turbulento. Cando Mateo, o seu afillado de seis anos, desaparece misteriosamente, a policía sospeita axiña dela. Jeanne foxe entón a Francia e refúxiase na comunidade na que medrou, dirixida por Marc. Daniel, convencido de que a muller que ama é inocente, emprende unha carreira contra o tempo para atopala antes que a policía.

Guillaume Canet é un actor, director e guionista francés. Como director, debutou coa longametraxe Mon idole (2002) e acadou o recoñecemento internacional con Non llo digas a ninguén (2006), pola que gañou o César á mellor dirección. Tamén dirixiu Pequenas mentiras sen importancia (2010), Lazos de sangue (2013) e Cousas da idade (2017). Ao longo da súa traxectoria, alternou a interpretación coa dirección e a escrita de guións, traballando en producións francesas e internacionais.

 

FÓRA DE COMPETICIÓN NO FESTIVAL DE CANNES 2026

 

Duración: 
149 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Domingo, 15 Novembro, 2026
19:45
Teatro Principal
Luns, 16 Novembro, 2026
19:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA