HERDANZA ITINERA

DATOS BÁSICOS

CAN CUN QUINQUÉ

HERDANZA ITINERA é unha xornada dedicada á danza contemporánea que propón unha inmersión no corpo como espazo de relación, memoria e transformación. Ao longo do día, a Casa das Máquinas convértese nun lugar de encontro entre práctica, pensamento e creación, combinando un obradoiro aberto coa presentación de diferentes pezas escénicas.

A proposta articúlase arredor de tres momentos: pola mañá, o obradoiro Abrir o corpo, desbordar a danza, unha práctica de movemento con Javier Arozena de acceso libre previa inscrición; ao medio día, dous espectáculos de formato breve: DÂNSÂI, de Adrián Herrera, e Tánguela, de Myriam González, de acceso libre até completar capacidade; e, xa na noitiña,  unha creación de longo formato KIND de Javier Arozena – La Compañía tamén con acceso de balde até completar cabida. 

En suma, un percorrido que convida a habitar a danza desde múltiples perspectivas, abrindo preguntas sobre o corpo, a identidade e os modos de estar xuntas.

HERDANZA ITINERA, é unha actividade coordinada por Can Cun Quinqué e integrada na programación de artes escénicas de Compostela Cultura que abre un espazo para experimentar, compartir e expandir os límites da danza contemporánea.


Preme en cada ligazón para acceder a máis información sobre as sesións da xornada:

ABRIR O CORPO, DESBORDAR A DANZA

  • Práctica de movemento con Javier Arozena
  • 11.30 h · Casa das Máquinas
  • Duración estimada : 90 min
  • Acceso de balde previa inscrición

DÂNSÂI, de Adrián Herrera | TÁNGUELA, de Myriam González

  • 14.00 h · Casa das Máquinas
  • Duración estimada: 15 min cada peza
  • Acceso libre ata completar capacidade

KIND, de Javier Arozena – La Compañía

  • 21.30 h · Casa das Máquinas
  • Duración estimada: 55 min
  • Acceso libre ata completar capacidade 
Acceso: 
  • 11.30 h · ABRIR O CORPO, DESBORDAR A DANZA
  • 14.00 h · DÂNSÂI, de Adrián Herrera | TÁNGUELA, de Myriam González
    • Acceso libre ata completar capacidade
  • 21.30 h · KIND, de Javier Arozena – La Compañía
    • Acceso libre ata completar capacidade 
Info práctica: 
Sábado, 9 Maio, 2026
11:30
Casa das Máquinas