FESTIVAL C 2021
Parque de Bonaval (cemiterio)
Replay Especial
Pisando Ovos
Idade recomendada: a partir de 13 anos
Duración: 50 min
Creación e intérpretes: Jas Processor, Rut Balbís, Alba Fdez. Cotelo, Julia Laport, Sabela
Domínguez, Nacho Muñoz
Música en directo: Jas Processor e Nacho Muñoz.
Colabora: Laboratorio Escénico Coop. A Coruña e Compostela Cultura.
Replay son unha serie de encontros coreográficos de Rut Balbís con artistas emerxentes da danza de Galicia nos que convive a danza e a música electrónica co Dj Jas Processor, celebrando deste xeito os 15 anos de Pisando Ovos.
En Santiago de Compostela preséntase o Replay Especial onde se suma Replay#1 con Alba Fernández, Replay#2 con Julia Laport e Sabela Domínguez, ademáis dun convidado especial, Nacho Muñoz e da propia compañía con Jas Processor e Rut Balbís.
Replay, Reapeat.
Repetir para abrise ó descoñecido, para refacer o vivido. Un novo cruce entre corpos, unha nova conversa do movemento coa música en directo, un novo Give it a spin que se remestura coa colaboración das compañías Elahood e Exire, para transformarse nunha acción performativa co peche dunha sesión DJ de Jas Processor e Nacho Muñoz.