AVISO: Posponse a Estrea de Technocracia, prevista para o 12 de marzo. Informaremos en breve da nova data.
FUNBOA ESCÉNICA
EscenaGZ
TerritoriodasMulleres
CelebremososCorpos
Idade recomendada: adultos
Duración: 75 min
Lingua: galego
Technocracia aborda a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluír ao publico como parte esencial da peza, a través das accións que se xeren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos, intentando preservar a nosa calor interna, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.
Bailar é un acto de #resistencia.
Un proxecto de creación de Cristina Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra para Funboa Escénica
Dirección: Cristina Balboa
Deseño iluminación: Afonso Castro
Deseño espazo escénico: Mauro Trastoy
Música orixinal: Cristina Balboa, Félix Fernández e Manuel Parra
Produción: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Foto e vídeo: Ángel Sousa, Paulina Funes, Carlota Mosquera e Rubén Ruibal
Deseño gráfico: Félix Fernández e Mauro Trastoy
Produce: Funboa
Axuda á produción: Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia
Colabora: Galicia Danza Contemporánea, Corpo(a)Terra, De Corpos Presentes
Intérpretes: Cristina Balboa e Félix Fernández
Convidada especial estrea: Elvi Balboa
Web do espectáculo: Technocracia