XMC_ÓPERA NO PETO

DATOS BÁSICOS

BILBAOSINFONIETTA

Iker Sánchez Silva, director

Jone Martínez, voz

Javier Roldán, clarinete

María Zubimendi, acordeón microtonal

Belén Fernández, violoncello

Francisco Domínguez (1993), Arrosa Xuriaren Artean (2021)

Unha “ópera de peto” escrita por Francisco Domínguez, para voz lírica e formación instrumental reducida cunha estrutura non lineal na que entrelazan diferentes historias tradicionais de Euskal Herria, recollidas en forma de baladas na antoloxía Euskal Baladak
de Jabier Kalzakorta (1961).

BilbaoSinfonietta

BilbaoSinfonietta é unha orquestra de cámara polivalente e flexible capaz de abranguer a música clásica- contemporánea en diferentes contextos e cunha clara dirección: chegar ao corazón da cultura de hoxe a través  de versións coherentes e arriscadas.

A posta en escena de obras como A historia dun soldado de Stravinski (Palacio Euskalduna e Palau de Congresos de Castellón, 2018), Pierrot Lunaire de A. Schönberg (Fundación BBVA, Bilbao 2019), Reencuentro en Danza xunto á bailarina Lucía Lacarra (Teatro Arriaga 2020) ou Bariolage Sauvage de M. Chamizo (estrea absoluta no X Circuito Musikagileak, Donostia 2021), dan fe da enorme versatilidade que atesora a agrupación. En 2021, a formación segue encadeando proxectos de prestixio como o Réquiem de W. A. Mozart (Palacio Euskalduna, Bilbao), Os Sete Pecados Capitais de Kurt Weill / Bertolt Brecht (Teatro  Arriaga Antzokia, Bilbao) ou a estrea absoluta das óperas de cámara en euskera Arrosa Xuriaren Artean (Francisco Domínguez) e Bigarren Sexua (Asier López Iraola). Esta última converterase no segundo traballo discográfico tras a recente estrea de Falla 1915 na Filharmónica de Bilbao. Entre os seus vindeiros proxectos, interpretará Alzira de G. Verdi na presente temporada de ABAO Bilbao ou Pierrot Lunaire de A. Schönberg na 82a edición da Quincena Musical de Donostia-San Sebastián.

Jone Martínez, voz

A soprano de Sopela comezou a súa formación con Olatz Saitua no Conservatorio Juan Crisóstomo de Arriaga de Bilbao. É licenciada en Pedagoxía da Linguaxe Musical e Educación Musical polo Conservatorio Superior de Música do País Vasco Musikene, onde finalizou os seus estudos de canto con Maite Arruabarrena e Maciej Pikulski, recibindo o Premio Fin de Estudos Kutxa ao mellor expediente en interpretación clásica. Especializada posteriormente en música antiga da man do contratenor Carlos Mena, xuntos interpretaron programas de dúos e cantatas nos ciclos de música  antiga da Quincena Musical de San Sebastián e a Semana de Música Antigua de Vitoria. A voz de Jone Martínez é habitual en Conductus Ensemble, Capilla Santa María, Pasamezzo Antico e Soinuaren Bidaia, e solista invitada nas orquestras sinfónicas de Galicia, Burgos, Navarra, Granada e Orquesta Barroca de Sevilla. Ten actuado na Semana de Música Religiosa de Cuenca, FIAS, Teatro Arriaga, Palacio Euskalduna, Auditorio Manuel de Falla, Baluarte, Palacio  de la Ópera de A Coruña e un longo etcétera. Durante a temporada 2020 interpretou coa Orquestra Sinfónica de Galicia o Magnificat e o Psalmo Tilge Höchster de Bach; encarnou a Euridice en Orfeo e Euridice de Gluck xunto  á Orquesta Ciudad de Granada, a cantata Herminie de Arriaga no Musika Música de Bilbao e protagonizou a obra Vivaldi, poema para cuerda y dos voces baixo a dirección escénica de Calixto Bieito.

Iker Sánchez Silva, director

Director artístico de BilbaoSinfonietta e musical de Opus Lírica, ten dirixido prestixiosas orquestras como a Nacional de Catalunya, Bilbao, Euskadi, Principado de Asturias, Tenerife, Porto, Bayonne-Côte Basque, Ciudad de Pamplona, Montenegro, Concentus Alius Berlín, Oviedo Filarmonía ou a Orquestra da Universidade Humboldt de Berlín. Formado como instrumentista en San Sebastián, Burdeos e Múnic, compaxina clases de dirección  cos mestres Peter Eötvos, Szolt Nagy, Jesús López Cobos e Arturo Tamayo co seu labor como asistente de grandes nomes da dirección orquestral como Raymond Leppard, Frühbeck de Burgos, Juanjo Mena, Vasily Petrenko, Pablo González ou Michael Jurowsky, nas orquestras Boston Symphony, Los Angeles Philharmonic, Orchestre Philharmonique de Luxembourg ou Royal Liverpool Philharmonic Orchestra. No eido da música escénica dirixiu títulos como A frauta máxica e Don Giovanni de Mozart, O elixir de amor de Donizetti, El Caserío de Guridi, El Amor Brujo de Falla, Os sete pecados capitais de Kurt Weill, O esquío esperto de N. Rota ademais das recentes estreas de dúas óperas en euskera Bigarren sexua de Asier López Iraola e Arrosa Xuriaren Artean escrita por Fran  Dominguez. Entre os seus proxectos destacan as gravacións xunto á Sinfónica de Bilbao, Sinkro Ensemble ou BilbaoSinfonietta, ademais da dirección musical de producións como Pagliacci de Leoncavallo, Dido e Aeneas de Purcell, Pierrot Lunaire de Schönberg ou a estrea dunha nova ópera de José María Sánchez Verdú.

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada de balde

__

Sala Mozart. Auditorio de Galicia

 

Funcións: 
Venres, 9 Xuño, 2023
20:30
Auditorio de Galicia