SONS ROMANOS E COMPOSTELA / FERNANDO BUIDE

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

DE LUGARES E ÓRGANOS

 

Sons romanos e Compostela

Fernando Buide, órgano

 

O compostelán Fernando Buide é un dos máis recoñecidos, laureados e programados músicos do panorama compositivo actual. Ademais de compositor e pianista, Fernando é tamén organista e desempeñou o posto de organista titular da igrexa presbiteriana de Forest Hills en Pittsburgh durante os seus estudos universitarios. Doutor pola Universidade de Yale, estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh e a súa música ten sido programada polas principais orquestras españolas e por importantes orquestras do resto do mundo.

 

Buide fai a súa presentación dentro do ciclo De Lugares e Órganos cun repertorio que explora as frutíferas relacións que, particularmente no esplendor do Barroco, se teceron entre o mundo organístico romano e o repertorio ibérico. O percorrido sonoro do concerto esténdese tamén a creacións actuais que exploran o peculiar universo sonoro do órgano barroco ibérico, o cal ten, no órgano de San Paio, un dos seus máis fascinantes expoñentes. Durante o concerto, a xeito de interludio, faremos unha breve pausa na música para dar paso á conversa con esta interesante figura do panorama compositivo e musical galego e coñecer máis de preto a súa música, a súa persoa e os seus proxectos.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

ENTRADAS ESGOTADAS.

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 31 Agosto, 2021
20:30
Igrexa de San Paio de Antealtares