ROTEIRO · A CARÓN DE BULEVAR PAPAGAIO

DATOS BÁSICOS

ROTEIRO · A CARÓN DE BULEVAR PAPAGAIO

Os días 22 e 23 de marzo, a compañía teatral A Feroz representará na Casa das Máquinas Bulevar Papagaio, un espectáculo que revisa a historia deste barrio obreiro da Coruña a partir do poemario que sobre el escribiu Luisa Villalta e as fotografías coas que o retratou Maribel Longueira. 

Arredor desta obra, que convida o público a pousar a mirada nesoutros barrios que fican fóra das estampas turísticas e que tamén conforman o relato das cidades, técese o roteiro 'A carón de Bulevar Papagaio', un itinerario previo á representación que explora os arredores da Casa das Máquinas, para redescubrir a historia e o desenvolvemento da súa contorna.

O percorrido transitará pola rúa das Galeras, O Pombal, Campo das Hortas e lugares cono Cruceiro do Gaio, Poza de Bar ou Rúa das Oblatas para contextualizar o espazo no que se desenvolveu unha parte importante da historia de Compostela e reflexionar sobre a súa transformación e a maneira que estes espazos inflúen na vida das perdoas que os habitan.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Datas: 22 e 23 de marzo
  • Hora: 19.00
  • Saída: Casa das Máquinas
  • Duración: 45 min (aprox.)
  • Prazas: 50
  • De balde previa inscrición

INSCRICIÓNS (Esgotadas as prazas do domingo)

Duración: 
45 min (aprox)
Acceso: 

De balde previa INSCRICIÓN

  • Esgotadas as prazas do roteiro do domingo. 
Info práctica: 
Sábado, 22 Marzo, 2025
19:00
Casa das Máquinas
Domingo, 23 Marzo, 2025
19:00
Casa das Máquinas