REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Zoe Zeniodi, directora
Esteban Batallán, trompeta
Coa participación do alumnado da EAEM
PROGRAMA
Nuria Núñez Hierro: Sismos. Encarga no marco do proxecto Cometas. Estrea absoluta
Britta Byström: Parallel Universes. Estrea en España
Johann Nepomuk Hummel: Concerto para trompeta en Mi bemol maior
Arthur Honegger: Sinfonía núm. 2, H153
O concerto abre con Sismos, de Nuria Núñez Hierro, unha peza en estrea absoluta encargada pola RFG para esta temporada no marco do proxecto Cometas. A súa interpretación dá paso a Parallel Universes da compositora sueca Britta Byström, na que propón traducir en música teorías cosmolóxicas sobre as realidades paralelas. Máis centrado na terra é o Concerto para trompeta en Mi bemol maior de Hummel, quen, a pesar de ser un neno prodixio como Mozart, deixou un bo posto de traballo como sucesor de Haydn na corte Esterházy para gozar de Weimar e da amizade de Goethe. A pesar da marabillosa escrita do concerto, o solista da estrea tomouse a liberdade de cambiar partes. E a trompeta lévanos tamén ata o final deste serán, como o instrumento que escolleu Honegger na súa Sinfonía núm. 2 para conducirnos desde a anguria do París ocupado ata a afirmación da beleza da vida no terceiro movemento.
Ás 19.45 h, Conversando con... Zoe Zeniodi e Esteban Batallán na Sala Mozart.