RFG · IMPRESIÓNS NOCTURNAS

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Johanna Malangré, directora

Alexandra Dariescu, piano

Coa participación do alumnado da EAEM

 

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Lula Romero. Estrea absoluta

Maurice Ravel: Pavana para unha infanta difunta

Maurice Ravel: Concerto para piano en Sol maior

Mary Howe: Stars. Estrea en España

Gabriel Fauré: Suite de Pelléas et Mélisande, Op. 80

Despois da Cometa de Lula Romero, celebramos o 150 aniversario de Ravel con dúas obras. A primeira, Pavana para unha infanta defunta, alude a unha imaxinaria corte española. Moi distinto é o Concerto para piano en Sol maior, influído pola viaxe de Ravel a Nova York e marcado desde o inicio —cun látego— polo espírito do jazz. A estadounidense Mary Howe foi unha grande orquestradora, e compuxo boa parte da súa obra sinfónica na colonia artística de Nova Hampshire. Stars naceu tras longas noites contemplando o ceo desde o seu soportal; tamén nocturna é Pelléas et Mélisande, que fascinou a Schoenberg, Debussy e Sibelius. Fauré escribiu a música incidental para a obra teatral en 1898 e despois a suite. O que hoxe é o movemento máis célebre, a Sicilienne, foi un engadido.


Ás 19.45 h, Conversando con... Johanna Malangré na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 22 Xaneiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia