PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS

DATOS BÁSICOS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS EN ESPAZOS PECHADOS DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

 

1. Normas xerais:

Como norma xeral serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada momento pero primará o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores. Polo tanto a cabida dos espazos escénicos realizarase en función a este criterio.

Como medida de reforzo de seguridade será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores.

O acceso dos espectadores estará condicionado ás seguintes normas xerais:

Uso obrigatorio de máscara 

Desinfección de mans 

Distancia mínima de 2 m entre persoas

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade de 2 m.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 , tos,  falta de aire ou  tes febre ( > 37 ºC) non acceda ás instalacións

Para realizar un control de  acceso e saída de xeito gradual, os espazos escénicos habilitados para realizar funcións no mes xullo, divídense nos seguintes sectores:

 

Sala Ángel Brage

Sector 1: Lateral Par-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas pares da 16 á 42)

Sector 2: Lateral Impar-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas impares da 17 á 43)

Sector 3: Central-dianteiro (Filas 1 a 14, butacas da 1 á 15)

Sector 4: Lateral Par-traseiro (Filas 15 a 25, butacas pares da 16 á 42)

Sector 5: Lateral Impar-traseiro (Filas 15 a 25, butacas impares da 17 á 43)

Sector 6: Central-traseiro (Filas 15 a 24, butacas da 1 á 15)

 

Teatro Principal

Sector 1: Palco 2ª Planta

Sector 2: Palco 1ª Planta

Sector 3: Palcos Platea

Sector 4: Patio de butacas

         

3. Acceso e saída gradual:

O acceso realizarase de xeito gradual, seguindo a seguinte orde e tempos recomendados:

 

Sala Ángel Brage

Sector 1: Lateral Par-dianteiro: 20 minutos antes do comezo da función

Sector 2: Lateral Impar-dianteiro: 20 minutos antes do comezo da función

Sector 3: Central-dianteiro: 15 minutos antes do comezo da función

Sector 4: Lateral Par-traseiro: 10 minutos antes do comezo da función

Sector 5: Lateral Impar-traseiro: 10 minutos antes do comezo da función

Sector 6: Central-traseiro: 5 minutos antes do comezo da función

 

Teatro Principal

Sector 1: Palco 2ª Planta: 20 minutos antes do comezo da función

Sector 2: Palco 1ª Planta: 15 minutos antes do comezo da función

Sector 3: Palcos Platea: 10 minutos antes do comezo da función

Sector 4: Patio de butacas: 5 minutos antes do comezo da función

 

A saída realizarase de xeito contrario, sendo as persoas que están máis próximas á porta as primeiras en abandonar a sala. Será o persoal de acomodación quen indicará que poden ir saíndo do recinto.

 

4. Control de acceso:

O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade.

Información da billeteira: 

RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS NA PLATAFORMA compostelacultura.org

______

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo do día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Martes, 23 Xuño, 2020 a Xoves, 31 Decembro, 2020
Varios lugares

UBICACIÓN