FESTIVAL C · ARTES ESCÉNICAS · DANZA
PRÁCTICAS EN CONSTRUCIÓN
LABORATORIO CON AMALIA FERNÁNDEZ
AC Colectivo RPM e Amalia Fernández
RPM, en colaboración co Auditorio de Galicia, impulsa un laboratorio coa artista Amalia Fernández dirixido a artistas do campo das artes performativas con interese de compartir unha experiencia colectiva arredor do universo artístico desta coreógrafa andaluza.
O laboratorio –que terá lugar entre os días 10 e 14 de agosto na Casa das Máquinas de Santiago de Compostela– afondará na súa obra En construcción (2014). O obxectivo desta iniciativa é construír unha versión colectiva propia que se poderá ver na Casa das Máquinas o día 14 de agosto ás 20 horas, dentro do marco do Festival C de Santiago de Compostela.
O laboratorio RPM 2026 con Amalia Fernández —titulado Prácticas en Construción— procura unha versión colectiva propia da súa peza En Construcción.
LABORATORIO PRÁCTICAS EN CONSTRUCIÓN
- Do luns 10 ao venres 14, de 10 a 14 e de 16 a 19 horas *
- De balde previa inscrición ata esgotar prazas dispoñibles
(*) Con descanso de 14 a 15 horas (aprox.)
>>> Convocatoria
EN CONSTRUCIÓN · PEZA COLECTIVA
- Venres 14 ás 20.00 horas
- Acceso libre ata completar capacidade