EN CONSTRUCIÓN · PEZA COLECTIVA

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C · ARTES ESCÉNICAS · DANZA

EN CONSTRUCIÓN ·

PEZA COLECTIVA RESULTANTE DO LABORATORIO CON AMALIA FERNÁNDEZ

 AC Colectivo RPM, Amalia Fernández e participantes no laboratorio

En Construcción é o proceso de montaxe dunha escena fronte ao público, e a súa posterior deconstrución, o que supón un despregamento de formas que converte dita escena nunha escusa para ir cara a outro lugar. Neste sentido, é unha viaxe desde o teatro, no sentido convencional, ata a coreografía.
A escena en si mesma é o marco estable que nos permite ir moi lonxe para logo regresar. É un lugar de ida e volta, que suxire un tempo infinito, circular, pero non repetitivo, xa que en cada volta do “círculo” se despregan elementos dramatúrxicos e coreográficos diferentes, que desencadean situacións e estruturas (partituras) novas e, como consecuencia, novas relecturas da obra.
O despregamento que se propón é concreto, pero non conclusivo, é dicir, non se pecha. Suxire a infinidade de cousas que poderían ocorrer se non fose porque o tempo de representación é limitado.
Nese sentido, En Construcción non é unha peza cun final, senón máis ben un proxecto que se desprega en distintas direccións, con distintos obxectivos, distintos intérpretes e distintos públicos.
A peza propón ao espectador unha experiencia de actualización continua, xa que todo se reescribe, se crea, se destrúe e se volve crear con outro sentido, de diante cara atrás e de atrás cara adiante, transitando entre o lóxico e o absurdo, o convencional e o experimental, o repetitivo e o inesperado. En Construcción é música visual e imaxe musical.

LABORATORIO PRÁCTICAS EN CONSTRUCIÓN

  • Do luns 10 ao venres 14, de 10 a 19 h
  • De balde previa inscricións

EN CONSTRUCIÓN · PEZA COLECTIVA

  • Venres 14 ás 20.00 horas
  • Acceso libre ata completar capacidade

 

Duración: 
90-120 min
Acceso: 
  • Acceso libre ata completar capacidade
  • Idade: todos os públicos
Info práctica: 
Venres, 14 Agosto, 2026
20:00
Casa das Máquinas