#POSFUNCION: PINK UNICORNS

DATOS BÁSICOS

La Macana plantexa o reto de poñer en escena ao pai co seu fillo adolescente no espectáculo Pink Unicorns aorredor do cal desenvolvemos as actividades do Culb C!

#POSFUNCION ao remate da función o 9 de marzo o público asistente poderá quedar no teatro para escoitar e charlar cas e cos convidados e co elenco.

O espectáculo teatral 'Pink Unicorns', pode verse no Teatro Principal o 9 de marzo ás 18.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Na #POSFUNCION os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Entradas: 

#posfunción para o público asistente á representación o día 9 de marzo

Funcións: 
Sábado, 9 Marzo, 2019
Teatro Principal