LA MACANA
EscenaGZ
Idade: adultos
O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis achegado. Por outro lado, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheno de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva ‘millennial’ co seu querido pai.
Coprodución con AGADIC, Theater Im Pumpenhaus (Alemaña), Theater Bremen (Alemaña).
Residencias de creación: Fundación Luis Seoane (A Coruña), Pumpenhaus (Münster), Theater Bremen.
Estrea: setembro 2018, Theater im Pumpenhaus
Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika e Alexis Fernández Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández
Deseño de espazo: Tilo Schereieck
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Dirección de produción: Caterina Varela Vídeo promocional: Martina Plura
WEB: lamacana.es
Club C!
#POÑER O CORPO. O venres 8 de 18:00 a 20:00 h no Centro Xove da Almáciga as familias teñen a oportunidade de danzar xuntas nun obradoiro de movemento e práctica da danza entre pais, nais e adolescentes impartido por La Macana. Dirixido a familias con rapaces e rapazas de 14 a 18 anos, con capacidade para 20 persoas.
#POSFUNCIÓN. O sábado 9 de marzo ao remate da función os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.