#POÑER O CORPO: BAILE DE AUTOR

DATOS BÁSICOS

'Baile de autor' é a unión entre coreógrafo e intérprete de Manuel Liñán (Premio Nacional de Danza 2017). Despois de coreografar para outras compañías como o Ballet Nacional de España, Nuevo Ballet Español, Rafaela Carrasco, Belén Maya... e consolidarse como bailaor solista: Manuel Liñán propón ver estas dúas facetas que o caracterizan na súa carreira, unidas e representadas a un tempo. Manuel preséntanos o espazo onde o director, o autor, vai creando as distintas escenas desta peza, dando vida a cada elemento: a luz, o son, o cante, a guitarra, a música, o baile... Unha fantasía que xenera lazos de unión no artista, como coreógrafo e bailaor. Un director que soña un bailaor que baila.

#POÑER O CORPO. Obradoiro de flamenco

Obradoiro de movemento e práctica da danza flamenca impartido por Manuel Liñán.

Público ao que se dirixe: Persoas con coñecemento previo de flamenco.

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas #POÑER O CORPO son actividades arredor da programación de danza e artes do movemento.

Duración: 
2 h
Información da billeteira: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Funcións: 
Venres, 13 Decembro, 2019
18:00 a 20:00
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia