BAILE DE AUTOR

DATOS BÁSICOS

MANUEL LIÑÁN

Baile de autor é a unión entre coreógrafo e intérprete de Manuel Liñán (Premio Nacional de Danza 2017). Despois de coreografar para outras compañías como o Ballet Nacional de España, Nuevo Ballet Español, Rafaela Carrasco, Belén Maya... e consolidarse como bailaor solista: Manuel Liñán propón ver estas dúas facetas que o caracterizan na súa carreira, unidas e representadas a un tempo.

Manuel preséntanos o espazo onde o director, o autor, vai creando as distintas escenas desta peza, dando vida a cada elemento: a luz, o son, o cante, a guitarra, a música, o baile... Unha fantasía que xenera lazos de unión no artista, como coreógrafo e bailaor. Un director que soña un bailaor que baila.

Baile, dirección e coreografía: Manuel Liñán
Música: David Carpio e Manuel Valencia
Cante: David Carpio
Guitarra: Manuel Valencia
 
Duración: 
75
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 14 Decembro, 2019
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural