OS DOUS DE SEMPRE

DATOS BÁSICOS

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

 

Idade recomendada: a partir de13 anos
Duración: 95 min
Lingua: Galego
Posfunción o 15 de abril tras o pase

Foco Castelao en escena

Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón, ou nos Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto club, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor. 
Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademais, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, tolos e animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego.  Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, escindidos dun mesmo corpo polo bisturí do doutor Castelao, e que andan polo mundo incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo ese corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás, e outra, cómeas.


(Foto: Sonia García)

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 15 Abril, 2026
20:30
Teatro Principal
Xoves, 16 Abril, 2026
20:30
Teatro Principal
Venres, 17 Abril, 2026
20:30
Teatro Principal
Sábado, 18 Abril, 2026
20:30
Teatro Principal