OBRADOIRO BDD | BANDA DESEÑADA DIVER | JULIA LAGO

Zona C. Punto de información cultural
DATOS BÁSICOS

[ MULLERES EN CADRIÑOS | ACTIVIDADES PARALELAS #PUNCTUM]

No terceiro andar da Zona C, a recoñecida ilustradora Julia Lago impartirá o obradoiro 'BDD, Banda Deseñada Diver' para que o público novo poida practicar con ela a combinación de debuxo e texto que permite narrar unha historia e ese de trazo desenfadado, fresco e con frecuencia colorista que caracteriza os traballos da ilustradora.

O mellor da Banda Deseñada é que só hai que facela para saber facela. Imos descubrir como todas podemos ser artistas e narradoras e que non son necesarios coñecementos previos para gozar dunha tarde fanzineira onde contar as mellores ou peores historias da man da artista.

Julia está a participar na mostra  #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, que permanece aberta no Auditorio de Galicia até o 16 de xuño.

INFORMACIÓN 

  • Nº máximo de participantes: 25
  • Idade recomendada de 9 a 12 anos
  • Non son necesarios coñecementos previos
  • Material necesario: Podedes traer os vosos lapiceiros de cores, ceras ou rotus favoritos
  • Previa reserva de praza –até ás 14.00 h do 19 de abril– no mail obradoiros.punctum@gmail.com

Julia Lago (A Coruña, 1994) traballa como ilustradora especializada en proxectos de carácter editorial e publicitario. Compaxina a actividade como ilustradora freelance coa xestión da galería Grelería onde desenvolve accións vinculadas co mundo artístico independente. Entre os recoñecementos que ten recibido está o Premio Castelao de Banda Deseñada e as Ayudas Injuve para la Creación Joven. A súa obra foi exposta no Museo Reina Sofía, na sala Salvador de Madariaga da Coruña, na Casa Museo Picasso ou na Sala Manuel Moldes de Pontevedra.

 #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, permanece aberta no Auditorio de Galicia até o 16 de xuño

Entradas: 
Funcións: 
Sábado, 20 Abril, 2024
16:30 a 18:30
Zona C. Punto de información cultural