MATARILE TEATRO
EscenaGZ
TerritoriodasMulleres
Idades recomendadas: adultos
A última creación de Matarile dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizan dúas audicións onde se presentan 150 candidatos, dos cales dous son seleccionados para incorporarse ao proxecto DAIMON.
O destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa. Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente. Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro.
Pero a min interésame máis o daimon que tamén é eu, o noso eu incomprensible, unha parte de nós que conecta co irracional, co misterio, co fantástico; unha porta ao extraordinario, ao que nos salva, ao sublime ou á tolemia.
Autora: Ana Vallés
Dirección: Ana Vallés
Textos: Ana Vallés e outros autores
Intérpretes: Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Celeste, Alba Loureiro, Cristina Hernández Cruz, Nacho Sanz, Jorge de Arcos Pozo, Neus Villà Jürgens e Ana Cotoré
Iluminación espazo e produción musical: Baltasar Patiño
Músicos: Nacho Sanz, Cristina Hernández, Alba Loureiro, Neus Villà, Nuria Sotelo
Asistente de dirección: Ricardo Santana e Baltasar Patiño
Arranxos musicais: Cristina Hernández, Nacho Sanz, Alba Loureiro, Baltasar Patiño
Coreografía: Ana Cotoré, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Celeste, Cristina Hernández Cruz, Neus Villà Jürgens, Jorge de Arcos Pozo, Alba Loureiro
Vestiario: Matarile Compañía e Naftalina
© imaxe: Rubén Vilanova