CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
IN THE MOOD FOR LOVE / DESEXANDO AMAR (2000)
Wong Kar-Wai
Hong Kong / 95 min / Ficción / Chinés
Ficha artística:
Maggie Cheung, Tony Leung Chiu-wai, Ping-Lam Siu, Tung Cho “Joe” Cheung
Ficha técnica:
Guión: Wong Kar-Wai
Fotografía: Christopher Doyle, Mark Lee
Edición: William Chang
Produción: Ye-cheng Chan, William Chang, Gilles Ciment, Wong Kar-Wai, Jacky Yee Wah Pang
Sinopse:
Hong Kong, 1962. Chow Mo-wan e Su Li-zhen móvense con discreción polos corredores dun edificio onde acaban de instalarse cos seus respectivos cónxuxes. Cando descobren que estes manteñen unha aventura, entre ambos nace unha amizade silenciosa que, aos poucos, se converte nun amor contido e imposible. A través de xestos mínimos, miradas furtivas e encontros interrompidos, In the mood for love constrúe un retrato exquisito da soidade e o desexo, unha historia de paixón reprimida onde o tempo e a memoria se entrelazan coa elegancia melancólica do cinema de Wong Kar-wai.
Premio ao Mellor Filme Estranxeiro nos César 2001
Premio ao Mellor Filme Estranxeiro da Asociación de Críticos de Nova York 2001
Premio ao Mellor Actor (Tony Leung Chiu-wai) e Gran Premio Técnico no Festival de Cine de Cannes 2000