TANTTAKA TEATROA
Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 85 min
Lingua: castelán
[DENTRO DO PROGRAMA PLATEA DO INAEM. MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE]
[RECOMENDADA POR COMISIONES ARTÍSTICAS DE LA RED. MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE]
Mía é unha muller imprescindible, como tantas, no día a día da súa casa. Loita contra os seus demos mentres coida da súa nai, o seu pai, da súa filla e dun marido “disidente” pero especialmente desvélase polo seu fillo Branko que padece unha, innominada, enfermidade dexenerativa que lle vai facendo perder mobilidade. Hoxe, Branko, cumpre 25 anos e a súa “defectuosa” (hoxe día diríase “disfuncional”) familia prepáralle unha festa. É o detonante para falar, con humor, sinxeleza e unha sinceridade brutal, de todo o que algunha vez importou, do que sempre debera importarnos: a memoria, a familia, o paso do tempo, a aceptación do diferente, a mocidade, o amor, o medo, a soidade, a beleza, o abandono, a tolemia, a enfermidade... A vida.
O meu fillo só camiña un pouco máis lento é un texto extraordinario e non é unha frase feita. Foi recoñecido con numerosos premios e as postas en escena sucédense dun país a outro. A casa familiar é o espazo diverso no que se dan infinidade de situacións, algunhas graciosas, outras crueis ou conmovedoras e moitas difíciles de clasificar.
Ficha artística
Autor: Ivor Martinić
Dirección e espazo escénico: Fernando Bernués
Axudante de dirección: Vito Rogado
Reparto: Miren Arrieta, Ane Gabarain / Klara Badiola, Mireia Gabilondo, Asier Hernandez, Ander Iruretagoiena, Xabi “Jabato” López, María Redondo, Martxelo Rubio, José Ramón Soroiz e Dorleta Urretabizkaia
Tradución ao castelán: Nikolina Židek
Vestiario: Ana Turrillas
Deseño de iluminación: Xabier Lozano
Coordinación técnica: Acrónica Producciones
Produción executiva: Ane Antoñanzas
Produción: Nagore Plazaola e Paola Eguibar