SECCIÓN OFICIAL NOVAS/OS CINEASTAS
Fran Kranz
Estados Unidos / 110 min / Ficción / Inglés
Ficha artística
Jason Isaacs, Martha Plimpton, Reed Birney, Ann Dowd
Ficha técnica
Guión: Fran Kranz
Fotografía: Ryan Jackson-Healy
Edición: Yang Hua Hu
Produción: 7 Eccles Street, Circa 1888, 5B Productions
Anos despois de que o fillo de Richard e Linda causase unha enorme traxedia, Jay e Gail están por fin dispostos a falar nun intento por tratar de seguir adiante coas súas vidas.
Aínda que a ópera prima do actor Fran Kranz provoca un efecto emocionalmente demoledor grazas aos seus catro actores, que manexan as diferentes capas dos seus personaxes con mestría, o filme flúe grazas a uns diálogos brillantes, así como á construción intelixente da súa atmosfera, desde o plano físico (o peche entre catro paredes), ata o plano psicolóxico (o peche emocional dos personaxes). O resultado é un filme valente que busca promover un debate serio sobre o control de armas e a saúde mental, pero especialmente sobre o perdón e a reconciliación como ferramentas de resiliencia social.
Sección Oficial do Festival de Sundance 2021
Sección Novos Directores do Festival de San Sebastián 2021
Fran Kranz
(Estados Unidos, 1981)
Traballou como actor durante máis de vinte anos en títulos como The Cabin in the Woods (2011) e Much Ado about Nothing (2012), e tamén nos escenarios de Broadway, onde, entre outras obras, participou na montaxe que Mike Nichols realizou de Morte dun viaxante, de Arthur Miller. Mass, a súa ópera prima, tivo a súa estrea Festival de Sundance.