MARTES

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para Infantil, 1º e 2º primaria

A galaxia Leo T está composta de planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con eles e nunca, nunca se alonxa. Ten medo ó lobo, ós monstruos, ós tronos, ós peidos ... sente medo por todo, por iso nunca saiu do lado da lúa, dorme no seu regazo e lle saca brillo para non quedarse ás escuras. Ten un pequeno amigo, "Pin", co que xoga sen parar. Un día, un monstruo come as súas estrelas e a Pin. Martes terá que enfrontarse ós seus medos para poder salvar ó seu amigo e ás estrelas e para iso comeza unha viaxe mais alá do sol. No camiño, coñecerá diversos e estraños persoaxes que nos sorprenderán coas súas aloucadas historias.

Baobab Teatro é unha compañía especializada en teatro para nenos e nenas que nace no 2011 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Teñen unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética e promocionar a lingua galega. Ao longo destes anos foron creando diferentes espectáculos teatrais e de contos: “Fíos” (2011) Nomeado aos premios MAX pola autoría teatral galega, seleccionado na X edición da Feira de Castela e León”. “Babs” (2012) Seleccionado en FETEN 2013. “Contos para un caldiño” (2012) “O soldadiño de chumbo” (2013) Seleccionado na Mostra de artes escénicas de Galicia, así como en diferentes festivais. “Baila Roque Baila” (2013) “Martes” (2014) Seleccionado en FETEN 2015, recomendado pola Red de Teatros e auditorios nacional, recomendado pola rede Vasca (Rede SAREA). “Luppo” (2015) Premio Mejor espectáculo infanitl y familiar na XVI Feria de Castilla y León, recomendado pola Red de Teatros e auditorios nacional, recomendado pola rede Vasca (Rede SAREA), recomendado pola rede andaluza, recomendado pola rede de Castela e León, candidato aos premios MAX 2016. “O lobo e a lúa” (2016) Premio Barriga Verde 2015. "Pum pum !" (2017) Finalista nos Premios María Casares, seleccionado entre máis de 1000 espectáculos na "Feira de Castilla y León - Ciudad Rodrigo", seleccionado na feira de Galicia "Galicia Escena Pro" e recomendado pola prestixiosa "Red SAREA- VASCA". "Puño Puñete"(2018) Espectáculo Musical que vai acompañado dun disco. Ademais da concepción, creación e posta en escena de diferentes espectáculos, Baobab teatro dirixe a parte artística do Festival das Núbebes (Festival de teatro para bebés e familia) dende o2012. Ao longo destes anos foron recollendo recoñecementos e premios polos seus diferentes espectáculos: No 2012 Mención de Honor no III Certame Literario de “Cuento en corto”, certame internacional de contacontos, polo texto “Dª Margarita y la luna”. No 2013 Nomeación aos premios Max na categoría de “Mejor autoría teatral gallega” polo espectáculo “Fíos”. No 2014 Premio “Barriga Verde” polo texto teatral “O lobo e a lúa”. No 2015 Premio “Mejor espectáculo para público infantil y familiar en la XVIII Feria de Castilla y León” polo espectáculo “Luppo”. No 2016 Candidatura aos premios MAX polo guión teatral “Luppo”. Mo 2018 Finalistas aos premios "María Casares " polo espectáculo "Pum pum!".

Duración: 
45
Información da billeteira: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 14 Xaneiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 14 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal
Martes, 15 Xaneiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 15 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural