CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
LOVE STREAMS / CORRENTES DE AMOR (1984)
John Cassavetes
Estados Unidos / 141 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Gena Rowlands, John Cassavetes, Diahnne Abbott
Ficha técnica:
Guión: Ted Allan, John Cassavetes. Baseado na obra de Ted Allan
Fotografía: Al Ruban
Edición: George C. Villaseñor
Produción: Yoram Globus, Menahem Golan, Al Ruban
Sinopse:
Rodada cando John Cassavetes cría que estaba a piques de morrer (o que acontecería uns anos despois), Love Streams é unha das obras máis libres, caóticas e conmovedoras do cineasta. O filme segue en paralelo as vidas de Robert, un escritor hedonista e emocionalmente perdido, e Sarah, unha muller desbordada tras un divorcio que a separa da súa filla. Ambos comparten a mesma ferida: a incapacidade de amar sen dor, de atopar un refuxio nun mundo que lles resulta alleo. Entre episodios de humor insólito, escenas oníricas e estoupidos de desorde emocional, Cassavetes filma unha desesperada exploración da vulnerabilidade humana.
Oso de Ouro ao Mellor Filme e Premio FIPRESCI na Berlinale 1984